Xaneiro 26, 2010 - Unha resposta

Agora estaremos máis preto daquelas persoas interesadas en dedicar unha parte do seu tempo, a mellorar o mundo en que vivimos.  Se ti es unha delas, estás convidada a participar o día 27 de febreiro no encontro pola solidariedade que terá lugar no PALEXCO, de 10:00 a 21:00 h.

Concertos en vivo e en directo, degustacións de produtos de comercio xusto, xogos e obradoiros para todas as idades, simulacros de urxencias,  café-coloquios, conferencias, e toda una variada oferta de actividades para todas as idades!. Programa en pdf

Ven e forma parte da nosa rede!

Que nos move?

  • Coñecernos e traballar en rede, intercambiando recursos, experiencias e ideas.
  • Visibilizar o noso labor cotián e sensibilizar sobre a súa importancia ao conxunto da cidadanía.
  • Recoñecer e promover as accións solidarias e de voluntariado como iniciativas beneficiosas para todas as persoas implicadas.
  • Descubrir novas fontes de recursos e estratexias de finanzamento.
  • Abrirnos paso pola senda das novas tecnoloxías.

Que facemos?Podes comezar a coñecernos achegándote á exposición itinerante  que atoparás en diferentes espacios culturais, sociais e educativos da cidade como os centros comerciais Espacio Coruña e Dolce Vita,  o Sporting Club Casino, a Casa Casares Quiroga, a Casa da Auga,  o Club do Mar, o CIFP Anxel Casal, e outros centros cívicos, educativos e sociais do municipio.

Próximamente terás tamén á túa disposición a nova Guía de acción voluntaria, ampliada e actualizada, útil compás para atopar aquelas actividades de voluntariado nas que te gustaría participar.

ENRÉDATE E PARTICIPA!

Entra na guia